28 de abril de 2016

26 de abril de 2016

Visitando o Museo dos Contos

Os nenos e nenas de 1º estrearon o Museo dos Contos, e o fixeron estupendamente. Noraboa a todos/as!!
 

Chega o Museo dos Contos

O Museo dos Contos xa está aquí, e ao longo de toda esta semana poderá ser visitado por todos os nenos do colexio.


23 de abril de 2016

Premio dos Clubs de Lectura 2016, do ámbito educativo, para Ledicia Costas



   A escritora e madriña da nosa biblioteca Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, vén de acadar o Premio dos Clubs de Lectura 2016, un galardón co que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente. Así se recolle na resolución publicada hoxe pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coincidindo co Día Mundial do Libro.



   Este é o segundo ano que se concede este premio, creado para recoñecer o labor das autoras e autores galegos que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese dos participantes nos clubs de lectura.




   O premio serálle entragado á escritora Ledicia Costas no transcurso da IX Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar en Santiago de Compostela (EGAP) o 10 de xuño, e na que se reunirá o profesorado que coordina os clubs de lectura existentes este curso en 239 centros de ensino secundario de toda Galicia.

As mellores fotos da actividade "Búscase!"


   Aquí unha pequena mostras dalgunhas das fotos que fixemos para a actividade "Búscase. Eu amo os libros". Cada neno e nena ten a súa fotografía, pero aqui reunimos algunhas das máis simpáticas. Esperamos que vos gusten.

Xogo de pistas: Búscase!

   Co gallo do Día do Libro estamos a realizar numerosas actividades programas desde a Biblioteca Escolar. Unha delas, e que foi todo un éxito entre os rapaces e rapazas, foi o xogo de pistas baseado no libro "¡Se busca! Lili, la liebre ladrona de libros" da editorial Combel.
   Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º tiveron que seguir unha serie de pistas para poder atopar os libros roubados por Lili.

22 de abril de 2016

Semana de estrea

   Este ano o noso colexio celebra o seu 50 aniversario, e por esa razón, estreamos unha nova biblioteca amadriñada por unha gran escritora (ex-alumna do centro): Ledicia Costas.
Esta semana os nenos e nenas puideron desfrutar da nova biblioteca, con novos recantos e unha exposición de Banda Deseñada.


17 de abril de 2016

Programación do Mes do Libro

Este ano para conmemorar o Día do Libro temos preparadas moitas sorpresas e actividades.
Empregaremos como base o libro da editorial Combel "¡Se busca! Lili, la liebre ladrona de libros"

Este é o programa que temos preparado:

12 de abril de 2016

Os nosos materiais nos Encontros Plambe 2015/2016

Un ano máis asistimos aos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/2016. Pero este ano, e con moita ilusión, decidimos compartir os nosos materiais con outros centros de Galicia.