15 de diciembre de 2016

Guía de lecturas para o Nadal

Xa está aquí a nova guía de lecturas para este Nadal. Eperamos que sexa do voso agrado!
Un saúdo e 
FELICES FESTAS

9 de diciembre de 2016

Aviso: o Grinch xa está aqui

  Pois así é nenos e nenas, o Grinch xa está aqui e a saber que falcatruada ten preparada. Estade ben atentos!!

Saúdos,
Burbulla

7 de diciembre de 2016

O Nadal no Mundo

   Xa está aquí o primeiro dos traballos relacionados co Proxecto Documental deste ano. Trátase dun pequeno mural sobre o Nadal no Mundo

INFOGRAFÍA: Competencia Informacional

   Esta é a infografía elaborada por min, coordinadora do Equipo de Biblioteca, dentro do cursillo "Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares" realizado nos meses de outubro e novembro.
Compartoa no blog da Biblioteca por se vos é de utilidade ou interese.
Saúdos

Nacemento da Constitución Española de 1978

   Un día coma hoxe, no ano 1.978 nacía un documento de gran importancia para todos os españois. Trátase da Constitución Española, un documento que pouco a pouco debemos comezar a coñecer.

Deixámosvos aquí un pequeno documento sobre o tema.
Saúdos


 

6 de diciembre de 2016

LIBROS DO MES

   Son moitas as novidades bibliográficas que saen todos o meses, así que desde Biblioburbulla procuraremos recomendarvos cada mes un par de publicacións que consideramos de especial interese.

Este mes, recomendamos:

TÍTULO: Marcopola 4. Avoa Power

AUTOR: Jacobo Fernández Serrano (Autor e ilustrador)


EDITORIAL: Xerais


   O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power. Por que será?

 

 

TÍTULO: Decora tu Navidad

AUTOR: Ángels Navarro


EDITORIAL: Edelvives

 

Disfruta de las fiestas elaborando tus propias decoraciones navideñas. En este libro se proponen 35 manualidades muy variadas para crear abetos, coronas, móviles, candelabros, galletas… y pasar buenos momentos en familia

 

Entrega de agasallos

   Onte entregamos os primeiros agasallos aos nenos e nenas que atoparon os billetes dourados. Noraboa!!!

 

29 de noviembre de 2016

Recursos web para o PDI

    Desde o Equipo de Biblioteca xa comezamos a buscar unha serie de recursos web que poden ser de utilidade para o desenvolvemento do Proxecto Documental deste curso: "De turismo polo mundo, coñecendo outras culturas"

   Premede na imaxe e poderedes acceder a eles. Pronto subiremos mais recursos. Esperamos que vos sexan de utilidade.

https://sites.google.com/site/biblioburbulla/pdi-2016-2017/recursos-web

 

Saúdos
    Burbulla

26 de noviembre de 2016

Libros 25N Contra a violencia de xénero

    Deixamos a continuación un pequeno taboleiro con algúns títulos que merece a pena traballar cos mais pequenos, xa non nestas datas, senón ao longo do curso. A violencia de xénero non é cousa de un día.




24 de noviembre de 2016

Taboleiro Pinterest do PDI para este curso

Ola a todos e todas,
   deixámosvos a continuación o taboleiro Pinterest con bibliografía relacionada co PDI deste curso. Esperamos que vos sexa de utilidade.

23 de noviembre de 2016

Chega o Club de Lectura

   Este ano temos outra novidade: o Club de Lectura. En principio organizámolo para os nenos e nenas de 6º de primaria, pero pronto chegará o Club para os nenos e nenas de 5º.
Tomade nota!

Proxecto Documental: De Turismo polo Mundo (Coñecendo outras culturas)

    Outra novidade deste curso é que comezaremos a traballar nun Proxecto Documental Integrado (PDI) por primeira vez.
O tema elixido é o turismo e o seu título "De Turismo polo Mundo: Coñecendo outras Culturas". Esperamos que sexa unha boa experiencia e que os nosos nenos e nenas aprendar a traballar coa información.
Comezamos pedindo axuda ás familias para que se integren no noso proxecto a través do "I Certame de Creatividade en Familia". 
Esperamos contar con todos/as!


 

22 de noviembre de 2016

Os billetes dourados comezan a aparecer

Ola nenos e nenas!
Levamos so dous días coa actividade en homenaxe a Roald Dahl e xa apareceron catro billetes dourados!!!
Nos vos desanimedes, aínda quedan billetes por aparecer!

19 de noviembre de 2016

Centenario do nacemento de Roald Dahl

   Este 2016 cúmplense 100 anos do nacemento do autor inglés Roadl Dahl (1916 – 1990), autor de, entre outros, "Charlie e a fábrica de chocolate", "Matilda" e "As Bruxas". Para conemoralo levaremos a cabo unha interesante actividade na biblioteca a partir do próximo luns 21 de Novembro.
   Así mesmo, elaboramos unha guía de lectura nas que recollemos as principais obras de este xenial autor.





18 de noviembre de 2016

SAMAÍN 2016: Relatos terroríficos

  Para celebrar o Samaín levamos a cabo diversas actividades no colexio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos relatos terrríficos elaborados por nenos e nenas do centro. Noraboa aos nosos escritores!!!

 

2 de noviembre de 2016

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas escolares

  Novembro é o mes elixido para apoiar a presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.

  A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor".

Preme na imaxe para acceder ao muro dos nosos materiais e recursos de ciencias en galego.

https://padlet.com/bibliosapoconcho/gyav6fskwhsz



24 de octubre de 2016

24 de outubro, Día da Biblioteca

   No noso centro aproveitamos o Día das Bibliotecas para abrir as portas da biblio e ofrecer unha exposición de libros de medo.



   O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, e como todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres, a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas. 

Fermosísimo é o texto de Ledicia Costas, Premio dos Clubs de Lectura 2016: 

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:

-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 

20 de octubre de 2016

Biblioteca Escolar - Territorio das Artes



   "Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo deste curso 2016/2017.  Nesta ocasión foi Minia Regos a creadora convidada a interpretar o lema anual. 
 


    A campaña de visibilidade da biblioteca escolar deste curso lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas; e vivir é experimentar e compartir, pero tamén expresarse e comunicar a través das distintas opcións artísticas. 

16 de octubre de 2016

Nova revista: O PAPAGAIO



   Fai pouco que naceu a revista O Papagaio,  impulsada por Edicións moito conto, e que inclúe temas de actualidade emprestando unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada.

http://praza.gal/movementos-sociais/12821/nace-o-papagaio-xornal-para-nenos-e-nenas-de-primaria-e-secundaria/

28 de abril de 2016

26 de abril de 2016

Visitando o Museo dos Contos

Os nenos e nenas de 1º estrearon o Museo dos Contos, e o fixeron estupendamente. Noraboa a todos/as!!
 

Chega o Museo dos Contos

O Museo dos Contos xa está aquí, e ao longo de toda esta semana poderá ser visitado por todos os nenos do colexio.


23 de abril de 2016

Premio dos Clubs de Lectura 2016, do ámbito educativo, para Ledicia Costas



   A escritora e madriña da nosa biblioteca Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, vén de acadar o Premio dos Clubs de Lectura 2016, un galardón co que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente. Así se recolle na resolución publicada hoxe pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coincidindo co Día Mundial do Libro.



   Este é o segundo ano que se concede este premio, creado para recoñecer o labor das autoras e autores galegos que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese dos participantes nos clubs de lectura.




   O premio serálle entragado á escritora Ledicia Costas no transcurso da IX Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar en Santiago de Compostela (EGAP) o 10 de xuño, e na que se reunirá o profesorado que coordina os clubs de lectura existentes este curso en 239 centros de ensino secundario de toda Galicia.

As mellores fotos da actividade "Búscase!"


   Aquí unha pequena mostras dalgunhas das fotos que fixemos para a actividade "Búscase. Eu amo os libros". Cada neno e nena ten a súa fotografía, pero aqui reunimos algunhas das máis simpáticas. Esperamos que vos gusten.

Xogo de pistas: Búscase!

   Co gallo do Día do Libro estamos a realizar numerosas actividades programas desde a Biblioteca Escolar. Unha delas, e que foi todo un éxito entre os rapaces e rapazas, foi o xogo de pistas baseado no libro "¡Se busca! Lili, la liebre ladrona de libros" da editorial Combel.
   Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º tiveron que seguir unha serie de pistas para poder atopar os libros roubados por Lili.

22 de abril de 2016

Semana de estrea

   Este ano o noso colexio celebra o seu 50 aniversario, e por esa razón, estreamos unha nova biblioteca amadriñada por unha gran escritora (ex-alumna do centro): Ledicia Costas.
Esta semana os nenos e nenas puideron desfrutar da nova biblioteca, con novos recantos e unha exposición de Banda Deseñada.


17 de abril de 2016

Programación do Mes do Libro

Este ano para conmemorar o Día do Libro temos preparadas moitas sorpresas e actividades.
Empregaremos como base o libro da editorial Combel "¡Se busca! Lili, la liebre ladrona de libros"

Este é o programa que temos preparado:

12 de abril de 2016

Os nosos materiais nos Encontros Plambe 2015/2016

Un ano máis asistimos aos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/2016. Pero este ano, e con moita ilusión, decidimos compartir os nosos materiais con outros centros de Galicia.















31 de marzo de 2016

Caligramas de Educación Infantil

Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron, xunto coas súas titoras, uns fermosos caligramas relacionados co mar.


 

15 de marzo de 2016

13 de marzo de 2016

A escritora Ledicia Costas na biblioteca



A escritora Ledicia Costas pasou pola nosa biblioteca o pasado 9 de marzo para compartir cos nenos e nenas de 5º e 6º a súa experiencia escribindo o libro Escarlatina,a cociñeira defunta. Así mesmo, compartiu anécdotas, curiosidades, e asinou exemplares do libro.

Nós agradecémosllo cun pequeno agasallo e con moitas ganas de ler a precuela de Escarlatina, titulada Esmeraldina, a pequena defunta”.








1 de marzo de 2016

I Certame de Poesía

 Co obxectivo de fomentar actividades artísticas e literarias no noso centro, o Equipo de Biblioteca  convoca o I Certame de Poesía  dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
 
Temática A amizade

Bases:
-    Haberá dúas categorías para participar:
      •    Nenos e nenas de 3º e 4º.
       •    Nenos e nenas de 5º e 6º.
-    Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Debe engadirse o nome do neno/a e o curso. O poema pode estar ilustrado con debuxos e cores.
-    Os traballos premiados publicaranse no boletín e no blogue da biblioteca.
-    Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a ausencia de faltas de ortografía.

Data:  Entregaranse antes do 18 de marzo ao titor/a. Unha vez recompilados todos os poemas entregaranse á coordinadora do Equipo de Biblioteca.

I Certame de Caligramas



 Co obxectivo de fomentar actividades artísticas e literarias no noso centro, o Equipo de Biblioteca  convoca o I Certame de Caligramas  dirixido ao alumnado de Infantil e aos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria.

Qué é un caligrama? Un caligrama é un poema feito debuxo. Nos caligramas o poema debuxa o obxecto relacionado co tema principal deste. Por exemplo, se o poema fala dun gato, escribirase o texto en forma de gato.

 

Bases:
-         Haberá dúas categorías para participar:
·       Nenos e nenas de Educación Infantil.
·       Nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.
         

   O texto do caligrama pode ser inventado, ou ben poderá utilizarse calquera texto literario publicado en verso (preferiblemente en galego)
-  Os traballos premiados publicaranse no boletín e no blogue da biblioteca.

Data:  Entregaranse antes do 18 de marzo (de ser posible) ao titor/a. Unha vez recompilados todos entregaranse á coordinadora do Equipo de Biblioteca.
 

7 de febrero de 2016

Boletín nº 1: 24 de Febreiro, Día de Rosalía

Xa está aqui o novo boletín da biblio, esta vez con Rosalía de Castro na portada, xa que o 24 de Febreiro celebramos o seu nacemento e o seu compromiso coa nosa lingua.


17 de enero de 2016

O novo Boletín da biblio "Burbulla"

   Biblioburbulla xa ten o seu boletín, "Burbulla", elaborado polos nenos e nenas de 6º en colaboración co Equipo de Biblioteca.
  Neste novo boletín recolleremos novidades, libros recomendados, os vosos traballos, fotografías, humor e moita información relacionada coa biblioteca. Esperamos que teña unha longa vida por diante grazas as vosas aportacións.

Benvido Burbulla!