18 de marzo de 2024

SESIÓN DE CONTACONTOS

Como proxecto da materia Proxecto Competencial, a clase de 4º fixo unha sesión de contacontos ás nenas e nenos de 3 anos. Que contos máis chulos e que historias máis bonitas contaron!














27 de febrero de 2024

REGUEIFA NA BIBLIO!

O luns 26 de febreiro tivemos unha visita moi especial na biblio, uns regueifeiros! Aprendemos unhas técnicas para improvisar de xeito oral e creamos as nosas propias regueifas. Ademais, contáronnos moitas cousas sobre a regueifa e como se chaman no resto dos lugares.

Ademais cantamos acompañad@s dun instrumento típico galego, a zanfona, que tocaba Luis o Caruncho.








CLUB DE LECTURA 4º

Hoxe temos o club de lectura adicado ao libro: Unha veciña de película de Iria Misa, veciña de Gondomar.

Unha historia máxica que contaxia a paixón pola sétima arte: o cine.




 

Comparamos lecturas e falamos da importancia da lingua galega e o seu coidado e novo vocabulario que atopamos e aprendemos. Ademais hai mensaxes ocultas e xeitos diferentes de escribir un libro que chamou moito a atención das lectoras e lectores.

O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables na gran pantalla. Será unha viaxe moi sorprendente!

16 de febrero de 2024

13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

Este 13 de febreiro celebrouse o día mundial da radio e para sumarnos á iniciativa de Ponte nas ondas! Enviamos os pódcasts que gravamos a clase de 6º de primaria, adicados a catro grupos galegos. Deixamos o enlace para que os poidades escoitar!

 

http://www.escolasnasondas.com/ 



11 DE FEBREIRO: DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

 A clase de 4º de primaria fixo un xogo de escapismo matemático sobre Marie Curie, para celebrar o día da nena e a muller na ciencia.




Resolveron unha morea de enigmas e abriron os candados para poder levar o premio final escondido nas caixas rusas: os elementos químicos de Marie Curie! Foi moi divertido!








8 de febrero de 2024

ENTROIDO NA BIBLIO!

 Este mércores día 7 de febreiro tivemos a gran sorte de contar cunha familia de cigarróns de Verín!





Contáronnos unha morea de cousas sobre os traxes, os complementos e a súa historia. E todo feito á man por verdadeiras artistas! Foi chulísimo! As nenas e nenos de todo o cole puideron probar tamén as máscaras e as chocas e descubrir coas súas propias mans o pesados que son os traxes.






31 de enero de 2024

SESIÓN DE CONTACONTOS

 As nenas e nenos de 4º curso de primaria fixeron unha sesión de contacontos á clase de 3 anos, como proxecto final da materia Proxecto Competencial, coa axuda da súa profe María.


Foi unha experiencia moi divertida e bonita, cun dos seus contos favoritos: Corre, corre, cabaciña!

Pasárono xenial!